Skip to Content

Viaxe a Londres 2017

O Departamento de Inglés do IES Praia Barraña organizou unha viaxe escolar de cinco días a Londres para o alumnado de 3º de ESO, desde o 10 ata o 14 de febreiro. Este é o séptimo ano consecutivo que o centro se ocupa de realizar esta actividade con destino á capital británica.

A viaxe tivo unha finalidade didáctica, con visita a lugares de interese nos que os alumnos fixeron tarefas deseñadas por profesores a nivel intercurricular. Familiarizáronse con aspectos da cultura británica e tiveron ocasión de poñer en práctica fórmulas lingüísticas necesarias para desenvolverse en diversos lugares, tales como hoteles, restaurantes, medios de transporte, tendas ou aeroportos.

Entre os lugares visitados figuran emblemáticas prazas (Piccadilly, Leicester, Trafalgar), mercados (Borough Market, Camden Town), monumentos (Catedral de San Pablo, Monumento ao Gran Incendio de 1666, Torre de Londres, Ponte da Torre, Pazo de Buckingham), atraccións (London Dungeon, London Eye), museos (British, Tate Modern, National Gallery, Historia Natural), zonas comerciais (Oxford Street, Carnaby, Regents, Harrods), parques (Hyde Park, Green Park) e paseos por coñecidos barrios da cidade (Soho, Chinatown, Southwark, Knightsbridge, Westminster ou a City).  

Todo o esforzo realizado recóllese nun panel a carón da sala de profesores, que pode ser visitado por todos aqueles que o desexen. O álbum de fotos da viaxe é accesible por medio da seguinte ligazón:

https://drive.google.com/drive/folders/0B8VNlFSDoIl7SmlZalYwSW1iY2s?usp=sharing



page | by Dr. Radut