Restablecemento do procedemento de admisión de alumnado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21 e datas para formalización da matrícula.

O IES A Pontepedriña informa da reapertura do IES para actividades administrativas. 

O horario de atención ao público será das 10:00 ás 13:00 horas, de luns a venres. 

Para a realización dos procedementos seguiremos as recomendacións sanitarias de atención ao público publicadas pola Consellería de Educación. Para ver as recomendacóns prema aqui.

 Prazos para procedemento de admisión:   

  • O procedemento de admisión do alumnado iniciarase o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.
  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

Prazos para formalización de matrícula:

  • A formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo.  Durante o mes de xuño publicaremos un calendario detallado de matrícula para Educación Secundaria e Bacharelato.
  • Prazo extraordinario de matrícula: do 1 ao 10 de setembro de 2020. O calendario detallado será publicado no mes de xullo.
Para ver o texto completo que regula o procedemento prema aquí.