LISTAXE DE LIBROS PARA O CURSO 2024-2025

No documento adxunto poden consultar os libros que se empregarán no curso 2024/2025.

Antes de realizar ningunha compra lean detidamente o apartado de "Observacións" xa que nalgunhas materias se indica expresamente que se espere ás indicacións que dea o profesorado e iso será en setembro.

No caso da ESO, lembren que as listaxes provisionais de beneficiarios e beneficiarias de Fondolibros se publicarán o 11 de xullo e as definitivas o 26 de xullo.

Estas listaxes estarán expostas no taboleiro do centro ou poderán consultarse na aplicación Fondolibros identificándose con certificado dixital ou Chave 365.

AdxuntoTamaño
Libros de texto curso 24_25.pdf289.33 KB