INFORMACIÓN MOI IMPORTANTE

1) O MARTES 20 DE XUÑO RECOLLERANSE OS LIBROS DE PRÉSTAMO
Os alumnos que recibiron libros de préstamo do centro deberán entregalos.
No caso dos libros que constan de varios tomos, haberá que entregalos todos para que se considere a devolución conforme.
Recordamos que deben estar forrados, en bo estado e co nome escrito na pegatina.
Se algún libro presenta desperfectos ou foi extraviado deberá repoñerse.
Lembramos que a devolución completa e en bo estado dos libros deste curso é imprescindible para a concesión da axuda o vindeiro curso.

2) Lembramos que o MÉRCORES 21 DE XUÑO remata o prazo para presentar a solicitude de axuda FondoLibros.

3) BOLETÍNS DE NOTAS
As notas aparecerán publicadas en Abalar o venres 23 de xuño pola tarde e a entrega de boletíns será o luns 26 de xuño ás 10:00 horas. Ese día non hai transporte escolar.

4) As DATAS DE MATRÍCULA para o vindeiro curso 2023/2024 serán publicadas proximamente.