PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN: FASE DE ADMISIÓN ORDINARIA

O procedemento ordinario de admisión en centros públicos de ESO e Bacharelato está regulado pola  ORDE do 21 de outubro de 2022 (DOG do 8 de novembro de 2022).

 Calendario xeral do proceso de admisión:

Proceso Prazo Formulario
Reserva de praza no centro de orixe Do 16 de xaneiro ao 8 de febreiro Prazo finalizado
Publicación das listaxes de reserva 22 de febreiro  
Publicación de postos vacantes no centro Antes do 1 de marzo  Ver documento anexo
Solicitude de admisión Do 1 ao 20 de marzo AnexoII e AnexoII_bis (arquivos adxuntos)
Presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión  
Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas 25 de abril  
Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas 15 de maio  
Formalización da matrícula en ESO e Bacharelato Do 23 de xuño ao 7 de xullo  

 

Información básica sobre o IES de Ponte Caldelas:

  • Horario do centro: As clases organízanse en seis sesión matinais, de luns a venres, de 9:00 a 14:25 e dúas sesión de tarde os luns, de 16:15 a 17:55. Pola mañá temos un recreo, de 11:30 a 11:55.
  • Oferta educativa:  O IES de Ponte Caldelas oferta estudos de ESO e Bacharelato nas modalidades de Ciencias e tecnoloxía e Humanidades e ciencias sociais.  
  • Liñas de transporte: Poden consultarse no documento anexo.
  • Comedor:  Ofértase só os luns por ser o único día con xornada partida. O servizo é feito por unha empresa de catering externa.
  • Previsión de vacantes: Pode consultarse no documento anexo. 

 

 1. Reserva de praza: 

  • Foi o trámite que realizou o alumnado que se quere matricular na ESO neste centro e agora cursa 6ºPrimaria nos nosos colexios adscritos:
      • CEIP Plurilingüe A Reigosa (Ponte Caldelas).
      • CEIP Manuel Cordo Boullosa (Ponte Caldelas).
      • CEIP A Lama (A Lama)
      • CEIP Doutor Suárez (Fornelos de Montes)
  • O proceso de reserva rematou e o 22 de febreiro confirmarmos que todo o alumnado dos colexios adscritos que solicitou praza no IES de Ponte Caldelas ten praza asignada. Esta información pode consultarse fisicamente no taboleiro do interior do centro ou telematicamente na aplicación "admisionalumnado" identificándose con Chave 365 ou certificado dixital.
  • A praza asignada deberá confirmarse formalizando a matrícula cando corresponda (do 23 de xuño a 7 de xullo).  No caso de non matricularse en prazo perderíase esta praza reservada.
  • Aquelas familias que fixeron reserva e teñan cambiado de idea e queiran ir a outro instituto deberán renunciar por escrito á reserva de praza antes do 28 de febreiro e presentar solicitude de admisión no novo centro. A existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro poderá ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8.

 

2. Solicitude de admisión:

  • Quen a ten que presentar?

O alumnado que solicita praza no noso centro e non vén dun dos colexios adscritos detallados no punto anterior, o alumnado que xa está cursando ESO ou Bacharelato e quere cambiar de centro e o alumnado que se incorpora ao noso sistema educativo.

 

  • Como se presenta?

A solicitude preséntase do 1 ao 20 de marzo usando o formulario do procedemento ED550B (Anexo II e AnexoII_Bis), dispoñible nos documentos adxuntos, no instituto, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia ou a través da aplicación "admisionalumnado·

Só se pode presentar unha solicitude por alumno/a e poderá conter ata seis centros, ordenados por preferencia. A solicitude dirixirase ao centro elixido de primeiro e poderá presentarse presencialmente nese centro ou telematicamente a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia. Esta solicitude ten carácter vinculante e a súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.

Se xa se presentou unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior poderá ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8.

A solicitude deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras de menores (Anexo II) e deberá constar o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora no anexo de comprobación de datos e consentimento (Anexo II-bis) agás nos casos de violencia de xénero.

 

  • Documentación a achegar:

En todos os casos:

  • Anexo II_bis.
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
  • En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do/da menor.

Segundo os casos:

Documentación da que non se admita a consulta, documentación que xustifique a petición dunha praza reservada a alumnado con NEAE e documentación xustificativa dos criterios do baremo que se aleguen se o centro o solicita (consultar artigo 31 da orde).

 

Observacións importantes para alumnado matriculado no noso centro:

  • alumnado que queira continuar os seus estudos aquí, en ESO ou en Bacharelato, ten garantida a permanencia e non precisa facer solicitude de reserva nin de admisión. Simplemente terá que formalizar a matrícula cando se abra o prazo (23 de xuño a 7 de xullo).
  •  O alumnado que queira continuar estudos de ESO ou Bacharelato noutro centro terá que presentar solicitude de admisión no novo centro (1 ao 20 de marzo) segundo se explica na sección "2. Solicitude de admisión".
  •  O alumnado que queira acceder a estudos de Formación Profesional (Básica, Media ou Superior) non ten que facer ningún trámite neste momento xa que o acceso a eses estudos non está regulado por este procedemento e a información oficial sobre prazos aínda non está publicada. 

 

AdxuntoTamaño
AnexoII_Admisión_0.pdf1.34 MB
AnexoII_bis_Admisión_0.pdf725.79 KB
Publicación de vacantes 28-02-23.pdf65.43 KB