O PROXECTO "TRALOS PASOS DO VOLFRAMIO" DENTRO DE "POLO RÍO VAI E VÉN" CONSIDERADO EXCELENTE NUN PREMIO OTORGADO POLA XUNTA

22/07/2022 08:49

A Consellería de Cultura e Educación acaba de publicar os premios de Innovación Educativa en Dinamización Lingüística aparecendo o proxecto "Polo río vai e vén" realizado dende o IES de Ponte Caldelas en colaboración co IES de Soutomaior, como proxecto premiado con 2000 euros e a consideración de Proxecto "Excelente". Podes visualizar o proxecto neste enlace: "TRALAS PEGADAS DO VOLFRAMIO" - Página web de isabeltorres (jimdofree.com) ou nesta paxina web do instituto nunha icona abaixo á dereita. 

O traballo desenvolveuse durante o curso 21/22, participando os departamentos de Tecnoloxía, Bioloxía, Lingua, Sociais e Economía do IES de Ponte Caldelas. Os materiais realizados, como vídeos, podcast, imaxes..introducidos na web compártense co IES de Soutomaior nos mesmos cursos. A ides é que cada ano sexa un instituto o que faga a investigación e o outro colabore de receptor para finalmente facer unha xornada de convivencia entre os dous centros ambientada nun entorno natural relacionado coa investigación.