FONDOLIBROS: PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS

No día de hoxe publicáronse as listaxes provisionais de admitidos e excluídos para as axudas de libros.

Poden consultarse telematicamente na aplicación Fondolibros, identificándose con certificado dixital ou Chave 365, ou presencialmente, no taboleiro interior do instituto en horario de 9:00 a 14:00.

Deben comprobar que a cantidade de libros que lle asignan corresponde co nivel da renda familiar. É importante que se algún membro da familia non marcou na solicitude que ten discapacidade do 33% ou por enriba nolo comunique.

En caso de detectar algún erro, teñen 10 días para avisar no centro e corrixilo. O 22 de xullo publicaranse as listaxes definitivas e daquela saberán os libros concretos que lles corresponden.