INSTRUCIÓNS DE FINAL DE CURSO

As clases rematan o mércores 22 de xuño.

  • DEVOLUCIÓN DE LIBROS:

O mércores 22 de xuño é o último día para devolver os libros prestados polo centro ao alumnado.
As familias deben asegurarse de que ese día o alumnado trae todos os libros que lle foron prestados. A recollida farase a través das titoras e tiTores na cuarta hora de clase.
No caso de non poder acudir ese día deben devolvelos antes desa data en Secretaría.
É moi importante ter en conta que a non devolución dalgún libro de préstamo implica a perda do dereito a Fondolibros para o próximo curso.

 

  • NOTAS FINAIS:

As notas da avaliación final da ESO e da avaliación extraordinaria de Bacharelato estarán visibles en Abalar o xoves, 23 de xuño ás 20:00. Nese momento xa poderán ver se o alumnado promociona de curso ou titula.
O luns, 27 de xuño, entregarase o boletín de notas e a documentación complementaria.
Este día non haberá transporte escolar.
A entrega de boletíns será ás 10:00 por parte das persoas titoras na aula do grupo.
Xunto co boletín de notas entregarase o impreso de matrícula para o curso correspondente, o exemplar da revista Falabarato e, nalgúns casos, documentación complementaria.

 

  • MATRÍCULA 2022/23:

Na semana do 27 de xuño ao 1 de xullo todo o alumnado deberá formalizar a matrícula para o curso 2022/2023.
Deben consultar o cadro de distribución horaria que foi publicado anteriormente na páxina web e vir no día e franxa asignados.
As familias que teñan varios fillos ou fillas para matricular no centro poderán facelo na franxa que lle corresponda a calquera deles.
O impreso de matrícula, sempre e cando veña debidamente cuberto e asinado e coa documentación solicitada, pode ser entregado por calquera persoa, incluídos os propios alumnos; non é imprescindible que acudan nais, pais ou persoas titoras expresamente.