AVISO IMPORTANTE: CRIBADO PARA O ESTUDANTADO

Informamos ás familias de que se está levando a cabo un programa para a detección de SARS-CoV-2 con mostra de saliva en poboación asintomática de 12 a 17 anos coa colaboración das oficinas de farmacia da provincia de Pontevedra.

O alumnado deste tramo de idade debe asistir á súa farmacia de referencia onde os informarán sobre o procedemento de toma de mostra e lles proporcionarán o tubo de recollida.

Trátase dunha campaña de detección de poboación asintomática polo que se unha persoa ten síntomas compatibles deberá contactar co seu centro de saúde.