RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

06/11/2018 08:30

IRENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

 

Este ano realizarase a renovación parcial do Consello Escolar. Por este motivo, a norma establece a constitución da Xunta Electoral que velará polo correcto cumprimento do proceso.

 

Esta Xunta Electoral estará composta por:

 

  • A directora

  • Un persoal docente

  • Un persoal non docente

  • Un alumno/a

  • Un pai/nai/titor

 

Seguindo a normativa, a excepción da directora, o resto dos membros desta Xunta Electoral serán elixidos en sorteo público ao que poden asistir aqueles que o desexen.

 

Dito sorteo terá lugar o 7 de novembro, ás 11:30 horas, na aula 0.1

 

A día 08 de novembro queda Consitutída a Xunta Electoral para a Renovación Parcial do Consello Escolar do IES de Ponte Caldelas.

Unha vez constituída a Xunta Electoral, na súa primeira reunión:

  • Apróbase o calendario electoral que rixe o proceso.
  • Apróbase a publicación do inicio do proceso electoral.
  • Apróbase a publicación dos censos.
  • Apróbase o prazo de Admisión de Candidaturas.

 

INÍCIASE O PROCEDEMENTO ELECTORAL PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DOS SEGUINTES SECTORES:

  • ALUMNADO
  • PAIS/NAIS e TITORES/AS
  • PERSOAL DOCENTE
  • PERSOAL NON DOCENTE

Do 08 ao 16 de novembro os censos estarán expostos, para a súa comprobación, no taboleiro do centro.

Do 10 ao 18 de novembro, ábrese o prazo de admisión de candidaturas.O modelo para presentar a candidatura está dispoñible na conserxería do IES.

Reunida a Xunta Electoral, observa que non se presentaron reclamacións ao censo e Proclama as candidaturas presentadas: 

  • Sector de representantes de pais, nais e titores legais:

    • Mª Guadalupe Darriba Alvariño

  • Sector de representantes do alumnado:

    • Adrián Barros Mouriño

    • Lara García Silva

    • Antón A. Xil Covelo

    • Lucas Freire Gargamala

  • Sector de representantes do profesorado:

    • Rosa M. San Luis Lorenzo

    • Carmen Lores Calasderrey

    • Mª Isabel Otero Gago

    • Mª del Pilar Rubio Sabugueiro

  • Sector de representantes do persoal non docentes:

    • Sebastian Casal Nantes

As votacións por sectores realizaranse o día 29 de novembro.

Realizada a votación, procédese á Proclamación das candidaturas electas:

  • Sector de representantes de pais, nais e titores legais:

    • Mª Guadalupe Darriba Alvariño

  • Sector de representantes do alumnado:

    • Lara García Silva

    • Antón A. Xil Covelo

  • Sector de representantes do profesorado:

    • Rosa M. San Luis Lorenzo

    • Carmen Lores Calasderrey

    • Mª Isabel Otero Gago

    • Mª del Pilar Rubio Sabugueiro

  • Sector de representantes do persoal non docentes:

    • Sebastian Casal Nantes

A constitución do novo Consello Escolar realizarase o 10 de decembro de 2018 e con ela quedará rematado o proceso.