Tarefa 7. Crear unha proba (cuestionario).
Requisitos do completado
Abertas: domingo, 27 de setembro de 2020, 12:00 AM
Pendente: sábado, 17 de outubro de 2020, 12:00 AM
Un dos elementos máis utilizados en moodle son os cuestionarios/probas, que poden empregarse como probas de autoavaliación ou avaliación. As preguntas deben almacenarse categorizadas nun banco de preguntas para que poidan ser facilmente reutilizadas. Para esta actividade, debes acceder ao teu curso e:
- Crea no Banco de preguntas do teu curso, unha categoría que se chame "cuestionario1".
- No Banco de preguntas, vai a "Preguntas", escolle a categoría "cuestionario1", e crea 5 preguntas de diferentes tipos.
- Crea unha "proba" no que aparezan esas 5 preguntas. Cada unha das preguntas do cuestionario ten que ter un valor de 2 puntos, de modo que o cuestionario teña unha valoración global de 10 puntos.
- O cuestionario tes que poñelo debaixo da etiqueta Actividades.
Nota: o cuestionario aparece co nome de proba. O módulo questionnaire é un módulo para facer enquisas.
Unha vez feita a proba, realiza unha captura de pantalla e súbea á aula virtual.
(Se tes dúbidas, deixa un comentario no foro xeral de dúbidas).