O xoves 13 de febreiro o alumnado do IES participará en actividades para fomentar o uso seguro das novas tecnoloxías dentro do programa Navega con Rumbo creado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia. Presentación do Conselleiro de Educación.
Alumnado de 3º e 4º de ESO: 13:15 horas
Alumnado de 1 e 2º de PCPI: 19 horas
Coa participación neste programa completamos as realizadas dentro do Plan Director para concienciar dun uso responsable das comunicacións empregando Internet e a telefonía móbil.