Atopa toda a información sobre Formación Profesional nas seguintes lapelas:
FORMACIÓN PROFESIONAL
Ciclo Superior Dietética
Familia: Sanidade
Horas: 2000
Modalidade: ordinario presencial
A competencia xeral deste ciclo é elaborar dietas adaptadas a persoas e/ou colectivos e controlar a calidade da alimentación humana analizando os seus comportamentos alimentarios e as súas necesidades nutricionais, así como programar e aplicar actividades educativas que melloren os hábitos de alimentación da poboación, baixo a supervisión correspondente.
Módulos:
Curso |
Módulo |
Horas |
1º |
Alimentación equilibrada |
290 |
1º |
Control alimentario |
185 |
1º |
Fisiopatoloxía aplicada á dietética |
215 |
1º |
Formación e orientación laboral |
215 |
1º |
Organización e xestión da área de traballo asignada na unidade/gabinete dietética |
80 |
1º |
Relacións no contorno de traballo |
55 |
2º |
Dietoterapia |
220 |
2º |
Educación sanitaria e promoción da saúde |
130 |
2º |
Formación en centros de traballo |
380 |
2º |
Microbioloxía e hixiene alimentaria |
220 |
2º |
Proxecto integrado |
90 |
Podes consultar o perfil completo do ciclo aquí: https://www.edu.xunta.gal/fp/ciclo/S19003
Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermería
Familia: Sanidade
Horas: 1400
Modalidade: ordinario presencial
A competencia xeral deste ciclo é proporcionar coidados auxiliares ao paciente ou cliente e actuar sobre as condicións sanitarias do seu contorno como membro dun equipo de enfermaría nos centros sanitarios de atención especializada e de atención primaria, baixo a dependencia do diplomado de enfermaría e, de ser o caso, como membro dun equipo de saúde na asistencia sanitaria derivada da práctica do exercicio liberal, baixo a supervisión correspondente.
Módulos:
CURSO |
MÓDULO PROFESIONAL |
HORAS |
1º |
Formación e orientación laboral |
55 |
1º |
Hixiene do medio hospitalario e limpeza de material |
160 |
1º |
Operacións administrativas e documentación sanitaria |
55 |
1º |
Promoción da saúde e apoio psicolóxico ao paciente |
130 |
1º |
Relacións no equipo de traballo |
55 |
1º |
Técnicas básicas de enfermaría |
320 |
1º |
Técnicas de axuda odontolóxica e estomatolóxica |
130 |
2º |
Formación en centros de traballo |
440 |
Podes consultar o perfil completo do ciclo aquí: https://www.edu.xunta.gal/fp/ciclo/M19001
Visita Erasmus e almorzo saudábel
A principios do mes de Maio, acudiron ao IES Pobra do Caramiñal unha serie de profesores e profesoras xunto con alumnos e alumnas de diferentes países de Europa (Portugal, Italia, Turquía, Rumanía e Finlandia). Unha das actividades programadas para eles foi a da degustación dun almorzo saudábel.
O alumnado de primeiro curso de dietética encargouse de elaborar 4 almorzos diferentes, onde indicaron as súas propiedades alimentarias (o seu contido micronutrintes, en vitaminas, en minerais...) e os seus beneficios dentro dunha dieta equilibrada.
Fixeron unha presentación en inglés para estes visitantes europeos, explicando as indicacións para realizar un almorzo saludable e a explicación dos 4 pratos elaborador por eles. Estes almorzos puideron ser degustados no patio do instituto.
A actividade foi todo un éxito, non sobrou nada dos riquísimos almorzos!!!!
Visita á Unidade de Esterilización e ao Arquivo do Hospital do Barbanza
No mes de febreiro, o alumnado do ciclo de Coidados Auxiliares de Enfermería fixo unha saída ao Hospital do Barbanza.
Nela, visitaron a área de esterilización. Alí, unha traballadora técnica en Coidados Auxiliares de Enfermaría explicou os diferentes métodos de limpeza, desinfección e esterilización do material sanitario.
Outra das unidades que visitaron foi o arquivo de historias clínicas do hospital, onde puideron ver ademais de cómo está organizada esta área; a xestión, composición e distribución no espazo das diferentes historias a papel que se gardan no hospital.
Con esta saída o alumnado puido poñer en práctica todos os contidos traballados na aula e recordar a importancia dunha boa formación para o seu futuro laboral.
Visita a fábrica de galletas Daveiga e Bodega Vía Romana
O pasado mes de xaneiro o alumnado do ciclo de dietética acudiu ata a Vila de Chantada para visitar a empresa Daveiga. Esta encárgase de elaborar os diferentes tipos de galletas mariñeiras.
Pola mañá, fixeron un percorrido guiado polo obrador. Alí, ensináronlles as diferentes etapas e procedementos levados a cabo para a elaboración das galletas mariñeiras. Ao final do mesmo, nunha sala de reunións, un dos propetarios da empresa deu unha pequena charla sobre o funcionamento, o desenvolvemento e as características da mesma (centrada na economía social, normas de calidade e seguridade, recoñecementos á empresa...).
Tamén se lles explicaron as características nutricionais das galletas e as súas posibles aplicacións en diferentes dietas. Ao final da visita, os rapaces e rapazas foron agasallados cunha bolsa de tela con 4/5 modalidades diferentes de galletas para o seu desfrute.
Despois do xantar polo pobo de Chantada, o alumnado desprazouse ata a beira do río Sil para visitar a Bodega Vía Romana.
Nela, un etnólogo da empresa fíxolles unha visita guiada polo obrador e explicoulles todo o proceso de elaboración do viño, incluindo o embotellado, etiquetado e a súa conservación.
Ao final da visita, os alumnos e alumnas puideron degustar unha pequena cata de viños comentada.
ERASMUS + POSGRAO
Dúas alumnas do ciclo de Coidados Auxiliares de Enfemaría realizaron un programa Erasmus + unha vez obtido o título. Marta e Nerea desprazáronse ata Catania (Sicilia, Italia) para facer un posgrao nunha residencia xeriátrica.
Alí, fixeron innumerables amizades e puideron viaxar pola zona e desfrutar tanto da gastronomía como da cultura siciliana. As súas caras de ledicia dino todo!
FCT ERASMUS + CICLO DIETÉTICA
A nosa alumna do ciclo de Dietética, Vera, puido facer a súa formación en centros de traballo co programa Erasmus +. No mes de marzo desprazouse ata Póvoa de Varzim en Portugal para realizar as prácticas na fábrica de conservas A Poveira.
Alí, Vera, coñeceu moita xente coa que poder compartir unha das súas pasións, o deporte. Con eles, no seu tempo libre aproveitou para facer exercicio nas preciosas praias da zona e para desfrutar da gastronomía portuguesa en boa compañía.
FCT Erasmus + Ciclo Coidados Auxiliares de Enfermaría
Dúas das nosas alumnas do ciclo de Coidados Auxiliares de Enfermaría puideron facer a súa formación en centros de traballo co programa Erasmus +. A principios de setembro as alumnas partiron para Annecy, en Francia (Rhone- Alpes) para realizar as prácticas nunha Residencia Xeriátrica.
Dende alí no seu tempo libre aproveitaron para facer visitas a diferentes pobos e cidades do país como París:
Ao longo da súa estancia fíxoselles o seguemento mediante videochamada, pero ademais, dúas profesoras do centro desplazáronse ata Annecy para visitar tanto o centro de traballo como o aloxamento das dúas alumnas.