Eventos
O 20 de decembro iniciouse o programa AMIGO VISIBLE, do departamento de Orientación do IES Pino Manso. Cada alumno e alumna de 1º de ESO coñeceu ao seu padriño ou madriña para este curso, de 1º de Bacharelato. A presentación tivo lugar no salón de actos e a primeira toma de contacto na cafetería do centro. Aquí tedes as fotos dalgúns deses encontros, que esperamos sexan os primeiros de moitos.
O alumnado de 4º ESO participou os días 8 e 9 de xaneiro nun obradoiro de habilidades sociais organizado polo departamento de Orientación.
Alumnado do centro está nestas datas a disfrutar das diversas actividades da SEMANA BRANCA (Jaca) organizada polo departamento de Educación Física do centro