Skip to Content

Proxecto

Mellorando o ambiente acústico nas aulas

O ambiente acústico nas aulas é un aspecto crítico para o proceso de ensino-aprendizaxe. O ruído excesivo pode ser prexudicial para a concentración dos estudantes e a eficacia dos docentes, ademais de ter graves consecuencias para a saúde, xa que a exposición prolongada ao ruído constante pode contribuír a trastornos do soño , aumento de estrés ou xerar problemas auditivos. Polo tanto, é esencial abordar este problema nos centros educativos. O proxecto "Mellorando o Ambiente Acústico nas Aulas" ten como obxectivo principal crear unha contorna máis propicia para a aprendizaxe ao reducir o ruído nas aulas e fomentar a conciencia sobre o tema. Para logralo, elaboraremos un mapa de ruído do centro educativo e organizaremos concursos para identificar e premiar ás aulas máis silenciosas.

 

 

Contamos coa colaboración da empresa PCE Instruments que nos facilitou asesoramento sobre os aparatos de medida máis axeitados para a ocasión, sendo tamén o noso provedor.  

 

 



page | by Dr. Radut