Oferta de prazas vacantes dos módulos de réxime ordinario para o réxime de persoas adultas
Entre os días 3 e 6 de outubro (ambos incluídos) poderás matricularte nos ciclos do IES Perdouro, nos módulos soltos que desexes, polo réxime de adultos (prazas vacantes do réxime ordinario).
Esta é unha boa opción se por razóns de traballo ou de outro tipo non che é posible cursar un ciclo formativo polo réxime ordinario. Tamén poden matricularse as persoas que non reúnen os requisitos para acceder a un ciclo formativo, pero dispoñen de experiencia profesional de dous anos.
Se estás interesado/a acude á secretaría do centro educativo nos días sinalados para formalizar a túa matrícula.
Procedemento de matriculación polo réxime de persoas adultas coas prazas que resulten vacantes do réxime ordinario |
As prazas de módulos que resulten vacantes polo réxime ordinario poderán ser ocupadas en réxime de persoas adultas no prazo comprendido entre o día 3 e as 13:00 horas do 6 de outubro, ambos incluídos, por estrita orde de chegada de solicitudes.
O día 3 de outubro, os centros educativos farán pública unha relación de todos os módulos profesionais con prazas vacantes en cada ciclo formativo, para ofrecelos en réxime de persoas adultas. A partir da data límite indicada, non se producirá matriculación ningunha sen autorización da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. |
Documentación a achegar para a matrícula polo réxime de persoas adultas:
- Anexo II (solicitude de admisión e matrícula) cuberto
- DNI ou NIE da persoa solicitante (no seu defecto, pasaporte ou documento da UE)
- Recibo do seguro escolar (pagar 1,12€ en Abanca: IBAN ES13 2080 0183 2430 4000 0260) (persoas maiores de 28 anos están exentas)
- Tarxeta sanitaria
- Número de afiliación á Seguridade Social (NUSS)
- Tres fotografías tamaño carné
- Certificación académica acreditativa do requisito de acceso
Requisitos de acceso aos módulos profesionais dos ciclos formativos polo réxime para as persoas adultas (Artigo 8 da Orde do 15/06/2016, DOG do 27/06/2016)
|
Poderá incorporarse á oferta polo réxime para as persoas adultas quen teña feitos dezaoito anos ou os faga no ano natural en que comece o curso escolar. Con carácter xeral, as condicións de acceso á oferta polo réxime de adultos serán as mesmas que as establecidas para o réxime ordinario. |
Normativa de referencia |
Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia (DOG 12/07/2010) ORDE do 15 de xuño de 2016 pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de grao medio e de grao superior en réxime ordinario e para as persoas adultas (DOG 27/06/2016) ORDE do 15 de xuño de 2017 pola que se actualiza a oferta modular polo réxime de persoas adultas para o curso 2017-2018 (DOG 26/06/2017) |
Para máis información contacta co IES Perdouro:
- Teléfono: 982 870 102
- Correo electrónico: ies.perdouro@edu.xunta.es
- Rúa do Instituto, s/n; 27880 Burela (Lugo)
- GPS: 43.652140, -7.357292
Consulta a oferta de ciclos formativos do IES Perdouro
Tamén podes visitar o portal de FP da Consellería de Cultura e Educación