Skip to Content

Taboleiro

VÍDEO GRADUACIÓN 2021

VÍDEO PRESENTACIÓN

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA CURSO 2020-21

O Equipo de Dinamización Lingüística do Instituto Pedro Floriani durante o curso 2020-2021 está compuesto polos/as seguintes integrantes:

  • Coordinadora: Andrea Expósito Loureiro.
  • Profesorado: Jose F. Fernández Sampedro, Rosa Mª Ligero Valladares e Macarena López López.
  • Personal non docente: Rebeca Veloso González
  • Alumnado: Tania Alonso Míguez, Araiz Bastos Pereira, Raúl Berdomás Rodríguez, Marina Collazo Couñago, Susana Fernández Barciela, Joel Figueroa García, Yassin Ibrahimi Lorenzo, Iria Míguez Lorenzo e Gema Vergara Míguez.

O EDLG publica na súa conta de Instagram e no blog NormalizaciónFloriani.

POSTAIS DE NADAL

O alumnado de 1º de ESO, xunto coa profe Inés de Plástica, participaron na elaboración destas felicitacións de Nadal que están expostas na entrada do centro.

Hoxe saberemos cal é a postal seleccionada. A que dixen

ACOMPÁÑOTE NO CAMIÑO

Durante o curso 2019-20 o IES Pedro Floriani participou, xunto ao IES Illa de San Simón, IES Mendiño e IES de Chapela, no proxecto "Acompáñote no Camiño" dentro do plan PROXECTA e en colaboración con SOAR (Sociedade de Amigos de Redondela).

Concretamente o proxecto Acompáñote no Camiño enmárcase dentro da Consellería de Política Social e na Rede de Centros Escolares Solidarios e consiste en favorecer a comunicación do alumnado cos peregrinos/as en distintos idiomas e dar a coñecer a nosa cultura e patrimonio.

Ademais de acoller no instituto as xuntanzas do alumnado voluntario de todos os centros de secundaria de Redondela, leváronse a cabo outras actividades que tamén forman parte do proxecto. Presentamos algunhas delas de seguido:

  • Encerado dixital colaborativo de debuxos do porto de Cesantes realizados polo alumnado de 1º de ESO.
  • Metrominutos para coñecer os principais puntos de interese de Redondela a pé e as distancias existentes entre eles. Traballo elaborado por alumnado de 2º de ESO e incluídos nos roteiros.
  • Ruta por Cesantes, publicada na web de SOAR.
  • O barrio da Portela.
  • Roteiro por Reboreda.
  • O vínculo co máis alá: Roteiro polo cemiterio dos Eidos e a capela de Santa Mariña.
  • Encerado dixital colaborativo do Camiño desde Redondela con fotografías de portas e portais de Redondela engadindo frases e versos que fan referencia ao Camiño, elaborado polo alumnado de 2º de ESO.

HORARIO INICIO DO CURSO 2019/20

PRESENTACIÓNS DÍA 16 DE SETEMBRO DE 2019


CURSO

HORA

LUGAR

  1º e 2º ESO

11:30-12:00 h

AULAS

  3º e 4º ESO

12:00-12:30 h

  1º e 2º BACH, CICLOS FP
  e 2º FPB

12:30-13:00 h



O ALUMNADO TERÁ EXPOSTAS


NA ENTRADA DO INSTITUTO


AS LISTAS PARA LOCALIZAR A SÚA AULA E TITOR/A



Nota: A hora de saída é aproximada.


LISTAXE PROVISIONAL FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS DE MATERIAL

Xa están publicadas no taboleiro de anuncios do centro, as listaxes provisionais das solicitudes do fondo solidario de libros de texto e axudas de material así como o período de reclamacións.

Horario de 9:00 a 13:00 horas.

Imaxe relacionada

Convocatoria para participar no FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO e axudas para o MATERIAL ESCOLAR

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS ADQUISICIÓN MATERIAL ESCOLAR CURSO 2018/19
ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación secundaria obrigatoria en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19. (DOG 21/MAIO/2018)
PRINCIPAIS DATAS:
Presentación solicitudes Do 22 de MAIO ao 22 de XUÑO
Listaxe provisional solicitudes admitidas/non admitidas 12 XULLO
Reclamación listaxes provisionais 13 e 14 XULLO
Listaxe definitiva solicitudes admitidas/non admitidas 14 SETEMBRO
 PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:
Presencialmente: Na secretaría do centro:  ENLACE Á SOLICITUDE
Telemáticamente.- Nos seguintes sitios web:
DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA:
Necesariamente, as persoas solicitantes deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Anexo II (comprobación de datos membros computables unidade familiar).
b) Copia do LIBRO DE FAMILIA onde figuren todos os membros computables.
Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2016, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:
1º. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
2º. Certificado ou volante de convivencia emitido polo Concello.
3º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
Ademais, se é o caso, a documentación xustificativa nos supostos de discapacidade do alumno/a ou de calquera membro da unidade familia; violencia de xénero no ámbito familiar; acollemento, tutela ou garda do alumno/a, entre outros supostos (Artigo 12 da Orde).

Programa de práctica laboral

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA (B.O.P.) páx. 11 e
A Deputación de Pontevedra infórmanos dun programa de práctica laboral que están impulsando coa finalidade de promover e completar a formación dos xoves da provincia en áreas do coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación no mercado laboral.
Este programa establece a posibilidade de asignar a empresas da provincia titulados universitarios ou de formación profesional, sen experiencia laboral previa, por un período de 6 meses (prorrogables outros 6) e con unha remuneración bruta mensual de 700€ (Ciclos superiores) e 600€ (ciclos medios).
Mais información e formularios na páxina web da diputación:
http://www.depo.es/web/edepo/practica-laboral-empresas

Distribuir contido


by Dr. Radut