PRAZO: 9 ao 19 de XANEIRO de 2024
O alumnando que dexese incorporarse ás ensinanzas de Educación Secundaria para Persoas Adultas deberán cubrir e presentar a seguinte documentación:
Unha vez cuberta a documentación poderá presentarse entre o 09/01/24 e o 19/01/24 de dous xeitos:
1. Telematicamente
- Descárganse os documentos (Solicitude de Matrícula e Declaración de non estar escolarizado/a) e cúbrense no ordenador.
- Envíase toda a documentación como arquivo adxunto ao email do instituto: ies.pedro.floriani@edu.xunta.gal. No asunto do correo electrónico debe figurar ‘MATRÍCULA: Curso_Nome alumna ou alumno’.
2. Presencialmente
- Solicitarase cita previa enviando un correo co asunto “MATRÍCULA: Cita_Nome alumna ou alumno” a citapreviafloriani@gmail.com.
- Posteriormente descargaranse os documentos, imprimiranse na casa e levaranse xa asinados ao centro.
Calquera incidencia ou dúbida que poida xurdirlle ao alumnado sobre o proceso de matriculación, pode consultala no enderezo electrónico ies.pedro.floriani@edu.xunta.gal ou no teléfono 886 12 04 13.