A finalidade do módulo Itinerario Persoal para a Empregabilidade básico é a de contribuír a que o alumnado coñeza as variables individuais que pode desenvolver ao longo da vida e que redunden na mellora da súa empregabilidade, así como as posibilidades de inserción laboral nunha contorna socioprodutiva que, malia estar en constante cambio, debe garantir sempre unhas condicións laborais fundamentadas na normativa laboral e sectorial vixente, da que se pretende que o alumando sexa coñecedor.

Por outra banda, adquírense as competencia necesarias para se incorporar ao período de formación na empresa ou no organismo equiparado, respectando a normativa de prevención de riscos laborais, e para o desempeño alí das funcións de nivel básico en PRL establecidas na normativa reguladora vixente,

Esperase que esta formación, situada na intersección entre a educación e o mundo laboral, facilite a inserción da xente nova e adulta no mercado de traballo, así como a súa progresión profesional.