A materia de Fundamentos Artísticos está estruturada en torno a tres eixos: por un lado, a análise de producións artísticas ó longo da historia e a identificación dos seus elementos constituíntes e as claves das súas linguaxes; todo isto asociado á época ou corrente estética na que as obras foron creadas. Por outro, o coñecemento das metodoloxías, as ferramentas e os procedementos de busca, rexistro, análise, estudo e, presentación de información, privilexiando o uso de recursos dixitais. Por último, a adquisición dunha conciencia sensible e de respecto e disfrute cara o patrimonio artístico e a cultura visual.