Actividades de centro
- Proxecta Donas de si de Víctor Pérez Bugarín
Deixade as vosas evidencias nun tema co voso nome
Alexandre Martínez Ramiro
Charla sobre a represión feminina na Guerra Civil e na posguerra españolas
A comezos do pasado mes de maio, o alumnado de 2º Bacharelato tivo a oportunidade de gozar dunha charla expositiva por parte da profesora e investigadora Helena Pousa Ortega, presidenta da Comisión pola recuperación da memoria histórica do Baixo Miño-Louriña e autora dunha exposición sobre as mulleres represaliadas durante os anos da Guerra Civil española (1936-39) e da súa inmediata posguerra.
Asemade, a devandita exposición foi pendurada nos corredores de acceso do instituto para que estivera á vista do alumnado de todos os niveis, proporcionándolles unha oportunidade de coñecer de primeira man unha faciana ás veces esquecida na Historia de España do século XX, a represión política padecida polas mulleres.