No mes de decembro estivo no Tamén Len Marga Soto, dona da Libraría Lemos de aquí, de Salceda.
Sabendo que estamos a traballar as Ciencias na Biblioteca, quixo ler un capítulo do libro "A evolución de Calpurnia Tate". Nel fala da relación que a protagonista ten co seu avó, e como, dende o respecto mútuo, comparten o amor polo descubrimento dos fenómenos naturais; el coa experiencia e a paixón que non diminúe coa idade, e ela coa curiosidade e a ansia xoven de saber e con todo por descubrir...