Reposición do prazo de solicitudes de admisión
Bo día.
Dende o luns 11 ata o luns 18 reponse o prazo de solicitudes de admisión que se paralizou co estado de alarma e que abranguía do 1 ao 20 de marzo.
Deben utilizar este prazo soamente aqueles alumnos que pretendan praza en ESO e Bacharelato para o vindeiro curso e que non teñan reserva de praza feita.
É decir: alumnos procedentes de 6º curso de primaria que non presentaron os papeis de reserva de praza para 1º da ESO no mes de febreiro no seu centro.
Alumnos que pretendan cambiar de centro escolar o vindeiro curso.
Alumnos que rematan a ESO en centros onde non hai os estudos de bacharelato.
Todo elo sempre e cando non se teña feita xa esta xestión entre o día 1 de marzo e a declaración do estado de alarma.