Saltar navegación.
Inicio

XOSÉ NEIRA VILAS

O venres 27 de novembro, faleceu en Gres (Vila de Cruces) o escritor galego Xosé Neira Vilas aos 87 anos.

Hoxe no IES Pedra da Auga quixemos recordar a este intelectual clave da literatura galega. Na súa lembranza, fixemos unha lectura compartida en todos os grupos da ESO e FP Básica dun fragmento da súa novela mais coñecida “Memorias dun neno labrego”,a  obra mais lida e traducida da literatura galega.

Xosé Neira Vilas era membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e da Habana, ademais e posuidor de múltiples premios: Medalla de Ouro de Galicia, Premio Laxeiro, Otero Pedrayo, Medalla Castelao, o Pedrón de Honra, o Premio Celanova Casa dos Poetas, o Premio Trasalva, o Premio da Crítica Española (novela en galego) e o Premio da Crítica Galega (ensaio) entre outros.

 Todo o noso cariño para a súa familia e amigos.