Skip to Content

Percorrendo a illa de Vigo

O xoves pasado, sansimonos rapaces do club de lectura Arao visitaron as illas de San Simón e San Antonio, das que xa coñecían moitos recunchos tras ler Noite de voraces sombras (Agustín Fernández Paz). O lugar mantén unha forte carga simbólica vinculada cos seus papeis ao longo da historia: testemuña de avatares marítimos, referencia literaria da poesía medieval, refuxio monacal, lazareto para doentes infecciosos, cárcere político do réxime ditatorial franquista...

Durante a travesía en barco, o mesmísimo virrey José Sarmiento Valladares relatou polo miúdo como foi, en 1702, a Batalla de Rande e completamos despois a explicación no Museo Meirande, antiga conserveira, tamén no seu día punto de carga de materias primas para o exército nazi. E despois de tanta historia... a outra historia!: fixemos a comida na Praia de Samil e pasamos alí unha agradable tarde.



page | by Dr. Radut