Skip to Content

Back to the future

Dez alumnos e alumnas de 3º de ESO saíron hoxe cara a Scandiano, unha vila do norte de Italia, preto de Bolonia.

Alí, convidados polo concello de Camariñas, participarán ata o 22 de marzo no Encontro Europeo “Back to the future”, no que autoridades municipais, políticos europeos, empresarios e estudantes encararán o futuro dando a coñecer experiencias pasadas e inquedanzas dentro do marco europeo.

Delegacións de Gran Bretaña, Bélxica, República Checa, Letonia, Croacia, Suecia, España e Italia acoden a estas xornadas nas que haberá conferencias, obradoiros, mostra fotográfica e actuacións en directo.

 
 


page | by Dr. Radut