Skip to Content

Mentalízate!

  

Neste primeiro día de clase do ano, o alumnado de 3º asistiu a unha charla impartida por traballadoras sociais de APEM (Asociación Pro Enfermos Mentais). Estas xuntanzas están enmarcadas na campaña Mentalízate, que pretende informar e sensibilizar á xuventude sobre a enfermidade mental.

Que a enfermidade mental é algo moito máis frecuente do que pensamos, que todos estamos expostos a padecela e que os enfermos mentais non están incapacitados para integrarse na sociedade, foron algunhas das ideas transmitidas por APEM.

Durante a charla, centrada na esquizofrenia, o alumnado aprendeu sobre os factores que predispoñen a padecela pero tamén sobre aqueles que poden axudar a desencadeala. Neste sentido, os rapaces souberon da importancia dun estilo de vida saudable, evitando o consumo de tóxicos que con frecuencia son responsables de que se desenvolva esta enfermidade.

 



page | by Dr. Radut