Skip to Content

Visita de ex-parlamentarios ao centro

 

O martes 11 de novembro, recibimos no instituto aos ex-parlamentarios Ángel Mesa (PP) e Xesús Veiga (BNG), visita que se encadra dentro dunha iniciativa do Parlamento de Galicia de achegar a institución aos escolares galegos no formato de charla-coloquio.

O alumnado de 3º da ESO escoitou e participou activamente durante unha hora e media dos temas relacionados coa vida parlamentaria, pero tamén de temas de actualidade. Trala proxección dun vídeo sobre o funcionamento do Parlamento, os dous ex-deputados realizaron balance do seu paso pola institución, facendo fincapé en que os novos medios de comunicación de masas facilitan un maior achegamento dos cidadáns ás institucións públicas. Recoñeceron, así mesmo, o dano que os casos de corrupción están a facer na credibilidade dos políticos e mesmo suxeriron medidas a adoptar para tentar acabar con ela.

Na quenda de preguntas, os rapaces demostraron que non son alleos aos problemas que hai no conxunto do Estado e transmitiron as súas inquedanzas e mesmo a súa indignación en temas como os recortes, o paro e sobre todo, os casos de corrupción. Non obstante, non foron estas as únicas preguntas que fixeron xa que tamén quixeron saber a opinión dos convidados sobre temas como se se podería contemplar en Galicia un escenario de independencia similar ao de Cataluña ou como pode afectar ao sistema político actual a irrupción de Podemos.



page | by Dr. Radut