Skip to Content

Salvemos un libro

   Unha actividade para o día das letras:

    Fahrenheit 451, a novela de Ray Bradbury, presenta unha situación na que a única forma de conservar os libros é aprendelos de memoria, converterse en humano-libro e memorizalo para poder transmitilo ás futuras xeracións. Cada un salva unha obra.

    Desa maneira, nós, salvaremos unha morea de libros, pero tamén a lingua na que están escritos e a cultura que lles dá sustento. Cada un e cada unha o seu, dando un motivo e aprendendo un pequeno parágrafo/ estrofa para poder lembralo… se un día desaparecen. Así demostraremos que os libros non arden porque están na memoria.
  
 Escolle o teu libro e sálvao
Para salvalo escolle un dos ‘modelos’ (modelo1, modelo2, modelo3, modelo4, modelo5, modelo6, modelo7) e escribe nel, no cadro de texto, o motivo do salvamento e un anaquiño do texto. Pon debaixo o teu nome (e a clase, se queres). Garda o arquivo poñéndolle o teu nome e o do libro e mándao por correo a biblioteca.ies.pedradaaguia@gmail.com.
 
Non te despistes. Tes esta semana para os salvamentos!


page | by Dr. Radut