Skip to Content

Información para o inicio do curso 2020-21

Calendario escolar 2020/2021

A actividade lectiva comezará coa incorporación progresiva do alumnado segundo a seguinte orde:

  • 1º e 2º ESO o mércores 23
  • 3º ESO o xoves 24
  • 4º ESO o venres 25

O mércores 16 de setembro é día festivo local no Concello de Arteixo. O centro permanecerá pechado ao público.

As listaxes PROVISIONAIS de asignación do alumnado por grupos estarán dispoñibles o mesmo día da incorporación do alumnado, que accederá ao centro por orde acompañado polos titores respectivos. Disporase de profesorado de garda suficiente para conducir ao alumnado aos seus grupos respectivos, tendo prioridade o alumnado transportado, que accederá directamente ao centro seguido á súa chegada.

NON é necesario consultar antes do día da presentación o grupo asignado a cada alumno. 

A listaxe definitiva dos libros asignados a cada alumno publicarase no centro o 14 de setembro, e o repartos do mesmos farase progresivamente a partir da primeira semana de clase. 

Os vales para material escolar serán repartidos nas titorías ao alumnado, non sendo necesario achegarse ao centro para a súa recollida.

O centro está a elaborar os plans e protocolos segundo as instrucións recibidas polas Consellería de Educación:

Guía para o inicio do curso (Xunta de Galicia)

 



page | by Dr. Radut