O venres 29 de novembro os alumnos de 4º de ESO, acompañados por profesoras do departamento de Galego e do departamento de Castelá, visitaron:
- O Arquivo do reino de Galicia, onde descubriron como se almacenan os documentos onde se conserva a nosa historia e como se restauran.
- O Xardín de San Carlos.
- A casa museo de Emilia Pardo Bazán, ilustre escritora coruñesa do século XIX que destacou, ademais de pola súa creación literaria, pola súa defensa da muller.
- E a sede da RAG na Coruña.
Foi un día diferente, intenso e divertido.