Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos 17 anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.
A proba divídese en tres partes:
- Sociolingüística: Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias sociais.
- Matemática: matemáticas.
- Científico-técnica: Ciencias da natureza, Tecnoloxía.
O prazo de inscrición abrangue dende o 13 ao 23 de marzo, ambos incluídos. A solicitude se pode cubrir a través do documento en pdf ou a través da aplicación informática. Nos dous casos hai que imprimila e entregala nun centro que imparta estudos de FP.
Modelo de solicitude de inscrición (acceso ao documento en formato pdf).CUBRIR AQUÍ.
Solicitude de inscrición telemática. Ligazón á aplicación informática.
O sistema xera unha instancia para imprimir que terá que ser entregada nun centro de inscrición.
O exame terá lugar o 31 de maio no seguinte horario:
- Ás 09:00 h: presentación.
- Das 10:00 ás 13:00 h: parte matemática e sociolongüística.
- Das 16:00 ás 18:00 h: parte científico-técnica.
As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu DNI e a copia da folla da solicitude de inscrición.
Para máis información consultar aquí. VER
Calendario das probas de acceso.VER
Acceso á información na páxina da Xunta. VER
Materiais didácticos para a súa preparación. VER
Exames de convocatoria anteriores. VER