Como moitos de vós xa saberedes, o club de ciencia do IES de Pastoriza realiza, dende hai moitos anos, actividades variadas e motivadoras para os alumnos e alumnas participantes.
O Departamento de Matemáticas, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, organizaron a II Edición do Concurso de Fotografía Matemática en Galego Mónica Fernández. O alumnado do club de ciencia presentou unha fotografía orixinal onde reflectiu a relación entre a súa contorna, as matemáticas e a arquitectura. Ademais, o título da foto era moi importante, xa que era determinante para amosar de xeito claro o concepto matemático que se estaba a fotografar.
O primeiro premio foi para Lara D. de 4º da ESO B, coa foto que leva por título sentamos en paralelas secantes.
O segundo premio foi para Myriam S. de 4º da ESO A, coa foto que leva por título a praza da xeometría.