![](https://themes.odilo.io/Xunta-Galicia_E0493/images/header2.png)
Xa está dispoñible o acceso á nova biblioteca dixital escolar E-LBE.2, na que poderedes tomar prestados libros dixitais.
Para acceder a esta biblioteca necesitaredes unhas credenciais persoais dispoñibles na aula virtual, no curso Benvida á aula virtual, na tarefa Rexistro na Biblioteca escolar dixital: E-LBE.2. Nesa tarefa poderedes consultar o voso usuario e contrasinal na parte baixa da pantalla.
Se tedes dúbidas, a continuación tedes un video cos pasos a seguir:
Anímate e accede xa á túa conta!