Repositorio de contidos
Breve descrición da Biblioteca de recursos educativos do Espazo ABALAR
1. Contidos Educativos
Como elemento fundamental do novo modelo educativo que expón o Proxecto Abalar , estase a dotar ao profesorado, así como ao resto da comunidade educativa de contidos e recursos educativos dixitais.
- Facilitando o desenvolvemento de novos modelos pedagóxicos e a incorporación dos últimos avances tecnolóxicos na educación.
- Aproveitando as mellores prácticas desenvolvidas nos centros máis avanzados, pondo en valor todo o traballo e coñecemento do profesorado galego.
- Fomentando o espírito colaborativo e participativo dos docentes para establecer unha comunidade de desenvolvemento de contidos propios.
- Pondo en marcha un repositorio de información que se alimentará con contidos internos e externos á Xunta de Galicia, tanto públicos como privados e totalmente integrados no espazoAbalar.