Concurso de postais de Nadal convocado polo departamento de Francés e de Plástica do IES de Oroso dirixido ao alumnado de francés e de plástica do centro.

As postais serán elaboradas de forma manual e individual sobre cartulina a4 dobrada. Todas as técnicas son aceptadas: debuxo, collage, fotomontaxe, pintura, bricolaxe... e irán acompañadas dun texto en francés sobre o Nadal.

Haberá 3 premios de 30, 20 e 15 euros respectivamente. Todas as postais serán expostas no centro e a gañadora servirá como felicitación de Nadal do centro.

Organizan os departamentos de francés e de plástica do instituto.Concurso de postais de Nadal