O curso pretende desenrolar as competencias profesionais precisas para crear cursos nas aulas virtuais dos centros educativos, aulas acordo ás directrices e especificacións do CAFI. O participante que supere este curso deberá ser quen de deseñar cursos para o seu alumnado.
Traballaranse os desempeños precisos para crear cursos, dirixilos por medio de videoconferencias e dotalos de actividades creadas por ferramentas de autor.
Para comprobar a adquisición dos desempeños deste curso precísase crear un curso, matricular ós usuarios do mesmo, dotalo de recursos (arquivos enlaces, etiquetas, imaxes, vídeos, ...), dotalo de foros e ser quen de avaliar nestas circunstancias.

Aula virtual correspondente ao seminario de formación do profesorado "Emprego didáctico da web dinámica do centro", realizado no curso 2012-2013.