25-N

A morte, a violencia sexual e física, o ciberacoso, a falta de respecto, o maltrato verbal e a tiranía emocional, a intimidación, o illamento, o control, o abuso de confianza, o abuso de autoridade, a mutilación, a discriminación salarial, a marxinación... son violencias que viven miles de mulleres no mundo en absoluto silencio.

As rapazas e rapaces do IES de Oroso son conscientes desa negra realidade, polo que neste Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller ergueron a súa voz en contra do maltrato segundo se pode constatar na convocatoria realizada pola representante do alumnado do centro:

"Cada 25 de novembro celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa eliminación.

Os alumnos do IES de Oroso estamos en contra deses actos sexistas que producen dano físico, psicolóxico e emocional por iso este ano creamos a canción "Todas tocadas, Oroso en marcha" e queremos facer con ela unha homenaxe a todas esas mulleres asasinadas pola violencia machista e en concreto a Nerea e a Kelly. O luns cando toque o timbre dos recreos sairemos das aulas en silencio total e absoluto e iremos sentar fronte ás súas figuras e interpretaremos pra elas a nosa canción.

Pedímoslle a todo o alumnado colaboración e participación no acto para mostrar que no IES Oroso estamos en contra da violencia machista. Lembrade tamén vir vestidos de negro. Moitas grazas."

En colaboración co Departamento de Educación Física, interpretaron esta canción:

Powered by Drupal - Design by artinet