Consulta o catálogo da nosa Biblioteca Escolar en-liña

Logo do Proxecto MeigaO catálogo da nosa Biblioteca Escolar está informatizado e pódense realizar consultas on-line. Proba facendo click sobre o logo que aparece á esquerda.

O software que utilizamos é o programa Meiga, que forma parte do Proxecto Meiga de informatización e creación da Rede de Bibliotecas de Galicia por parte do Centro Superior Bibliográfico de Galicia.

Meiga é un programa versátil, que permite realizar consultas en-liña. Asi que, se precisas saber se no noso catálogo hai algún título ou autor que che interesa, preme no logo de Meiga. E despois de que se descargue a páxina do noso instituto na Rede de Bibliotecas, localiza a caixa de busca no ángulo superior esquerdo.

Se tés algunha dúbida de como realizar a busca, podes consultar tamén o número 1 do noso boletín Paxaros na Cabeza.

Powered by Drupal - Design by artinet