A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, despois do éxito da primeira edición, organiza novamente o Congreso de Innovación na Formación Profesional, que terá lugar os días 10, 11 e 12 de maio na Cidade da Cultura de Galicia.
O congreso contará cunha zona expositiva, na que se amosarán algúns dos proxectos de innovación tecnolóxica e didáctica desenvolvidos por centros galegos de formación profesional, así como proxectos resultantes do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende.
O I.E.S Nº1 DE ORDES participa como gañador dun premio FP Innova no ano 2016. Nesta ocasión presenta:
" Fabricación dunha maqueta didáctica dun motor HDi de Citroën", coa colaboración de Motorcar Ordes S.L. e Desguaces Rutabella S.L.