-Antes da estadía
Información e normas de participación.
- As mobilidades Erasmus repartiranse de forma equitativa entre os departamentos de Xestión Administrativa e de Mantemento e de Electromecánica de Vehículos Automóbiles.
- A dotación económica varía en función do país de acollida e da duración da estancia, que será dun mínimo de 3 días máis dous de viaxe.
- Os criterios de selección son os seguintes:
- Antigüidade no centro.
- Competencias lingüísticas.
- Competencias persoais e actitudes.
- Coordinación ou implicación en proxectos europeos ou activades realizadas en Europa.
Pode consultar aquí o protocolo completo para a elección de profesorado.
Obrigas
- O profesorado que resulte seleccionado comprométese a completar a estadía no estranxeiro. No caso de non finalizala, salvo causas de forza maior e debidamente xustificadas, deberá devolver a axuda.
- O profesorado seleccionado deberá participar activamente en todo o proceso necesario para a consecución da realización da estadía.
- O profesorado que participe en mobilidades saíntes comprométese a participar nas mobilidades entrantes.
Inscrición
Para participar nunha mobilidade tés que cubrir o documento correspondente que podes atopar a continuación.
-Despois da estadía
O profesorado pode solicitar o recoñecemento da súa estadía como actividade de formación segundo se indica na seguinte resolución.
ALUMNADO DE FP. | ÍNDICE | CONVOCATORIAS E RESOLUCIONES |
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Protocolo profesorado.pdf | 84.2 KB |
Impreso profesores.pdf | 27.29 KB |