Skip to Content

ALUMNADO DE FP: O que debes saber sobre as mobilidades en Europa

-Antes da mobilidade: Actualmente, as mobilidades que o noso alumnado pode gozar forman parte do proxecto 2019-1-ES01-KA102-063732-NEXTSTATION, que lle foi aprobado á Dirección Xeral de Educación, FP e Innovación Educativa da Xunta de Galicia na convocatoria de 2019 do programa Erasmus+ e que sigue en vigor actualmente. 

Neste curso nos foron concedidas varias mobilidades dentro deste consorcio, que serán repartidas equitativamente entre o alumnado interesado dos distintos ciclos. A duración destas mobilidades será de 91 días máximo (incluíndo 2 días de viaxe), e a contía das becas ronda arredor dos 1200-1400 euros/mes (dependendo do país de destino).

Os criterios que se seguirán para a selección do alumnado serán os seguintes:

❏ Expediente académico
 Competencias lingüísticas
 Competencias persoais e actitudes (cunha posible entrevista persoal)
 Entrega do Currículum Vítae e dunha Carta de Motivación

 

No caso de que o alumno/a decida retornar antes da finalización da mobilidade, deberá pagar a parte proporcional da beca recibida e será cualificado como NON APTO na FCT. 

 

Neste ligazón podes informarte do protocolo completo para a selección de alumnado:

Inscrición:

Para participar nunha mobilidade tés que cubrir o impreso correspondente que podes atopar nesta ligazón. 

Ligazón aos impresos (pdf):

Alumnado seleccionado:

O alumnado seleccionado para unha mobilidade deberá entregar nun prazo de 7 días despois de publicación tras a finalización do proceso de selección os seguintes documentos (poden ser escaneados e enviados por e-mail):

    • Fotocopia do DNI
    • Fotocopia do IBAN - BIC/SWIFT da conta bancaria.
    • Copia, se procede, do billete de avión ida.
    • Sinatura do correspondente acordo de compromiso.
    • Seguro obrigatorio de Responsabilidade Civil de accidentes e sanitario (pode ser xestionado polo IES se o desexa o alumno / alumna, pero deberá dar o seu consentimento por escrito no acordo de compromiso).

 Aloxamento, viaxe e visado:

    • Os billetes de viaxe, especialmente avión, deberán obterse tan pronto se teñan as datas de ida e volta da mobilidade.
    • O aloxamento estará cuberto en función de si se fai uso dun intermediario.

Plataforma OLS:

    • O alumnado deberá realizar, de forma obrigatoria, a proba inicial e final do idioma utilizado no país de destino, ou no seu defecto en inglés, na plataforma OLS.

-Durante o intercambio

  • Remitir a documentación que se solicite: O alumnado, tal como se establece no acordo de compromiso, deberá remitir e/ou cumprimentar toda a documentación que se lle indique nas reunións previas á mobilidade.
  • Seguimento vía Skype, visita ao centro de persoal do IES, correo electrónico: O seguimento da mobilidade levarase a cabo polo equipo de proxectos Erasmus do centro.

 

Dito seguimento poderá ser levado a cabo por medios telemáticos (Skype, correo electrónico, WhatsApp) e/ou incluso visita "in situ" á institución de acollida.

-Despois do intercambio

  • Reunión final: O alumnado unha vez retornado deberá reunirse cos membros do equipo de proxectos Erasmus do centro, e co titor de prácticas para:
    • Tramitación dos documentos finais e recoñecemento e validacións correspondentes.
    • Entrega do proxecto ó titor.
    • Plataforma OLS: O alumnado deberá realizar, de forma obrigatorio, a proba inicial e final do idioma no país de destino, ou no seu defecto en inglés, na plataforma OLS.
DECLARACIÓN DE PRINCIPIOS                  ÍNDICE                  INFORMACIÓN PARA PROFESORADO
AdxuntoTamaño
Protocolo CM.pdf85.61 KB
Impreso.pdf104.93 KB


page | by Dr. Radut