Parlamento Xove
O IES Nosa Señora dos Ollos Grandes está a participar na 13 edición do Parlamento Xove. Unha competición na que os distintos equipos debaten sobre un tema proposto pola organización.
Os nosos representantes clasificáronse para a fase final a celebrar en maio. Ademais Óscar recibiu unha mención como un dos tres mellores oradores de todo o concurso. Parabéns!
Pódese ver os debates nos enlaces que figuran na web da organización: http://xuventude.xunta.es/parlamento-xove