Presentamos o Xogo do Plan Proxecta Donas de si
No Salón de Actos do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes presentamos o produto do Plan Proxecta Donas de si deste curso.
.
Como o ano pasado o noso obxectivo foi dar visibilidade a mulleres galegas, pero este ano centrámonos en mulleres científicas. Para iso creamos as mochilas viaxeiras. Cada mochila corresponde á investigación dunha muller e dentro ten todo o necesario para realizar o seu estudo.
Trátase dun proxecto interdisciplinar e internivelar no que participou o alumnado de Proxecto Competencial de 4º ESO e o alumnado de Anatomía de 1º BAC coordinado por Pilar Illán e o alumnado de Proxectos Artísticos de 1ºBAC coordinado por Jessica Mera.
Tivemos o pracer de que nos acompañasen a Xefa territorial de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades Sagrario Sánchez, a Concelleira de Igualdade Ángeles Novo e os Profesores de Xenética da USC Jaime Castro e Belén Gómez que inspirou un dos nosos xogos.