Regueifando en igualdade
Onte contamos coa presenza no centro da Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e máis a Xefa da Unidade contra a violencia sobre a muller, María Luisa Castro, que nos viñeron presentar o obradoiro "Regueifando en igualdade".
Nel a regueifeira Guadalupe Blanco amosou ao alumnado participante como a través deste xénero da nosa música popular se poden defender valores básicos da nosa sociedade, como son o respecto e a igualdade.
E como en algo menos de dúas horas se pode acabar saíndo ao escenario para que cada grupo cante as súas propias creacións. Música, tradición, lingua e cultura, loitando xuntas a prol da igualdade de xénero