Á hora de acceder ó centro para a realización dos exames de setembro 2020, deberán seguirse as seguintes instruccións:
1. Antes de vir ó centro o alumnado deberá de facer unha autoavaliación da súa situación seguindo o cuestionario adxunto. (Anexo I)
2. No suposto de non poder acudir ó centro o comunicará telefonicamente (982870003) ou por correo electrónico (ies.nosasenora.ollosgrandes@edu.xunta.es) á Dirección do centro.
3. A máscara será obrigatoria en todo momento.
4. O alumnado esperará no aparcadoiro, diante da porta principal, a ser chamado polo profesor da materia, que lle indicará ó espazo ó que debe dirixirse.
5. No centro circularase sempre pola dereita, en fila individual, con máscara e respectando a distancia de seguridade de 1,5 metros.
6. As escaleiras norte (entrada principal) e sur (lado Anexa) utilizaranse preferentemente para baixar e a escaleira central (a carón do ascensor) para subir. As escaleiras de baixada ó patio utilizaranse de forma indistinta para baixar e subir, circulando sempre pola dereita e en fila individual.
7. Entrarase na aula de forma individual e lavaranse as mans co xel hidroalcólico dispoñible dentro da aula.
8. Dentro da aula o alumnado ocupará o posto indicado polo profesorado, desinfectándoo previamente.
9. O alumnado deberá traer o seu propio material de escritura e cálculo que non poderá ser compartido.
10. Unha vez finalizada a proba o alumnado procederá á desinfección do seu posto, lavará as mans e abandonará o centro de maneira ordenada pola porta principal. Non está permitido deambular polo centro.
11. Caso de ter que facer unha proba a continuación, esperará dentro do recinto pero fóra do edificio (, portando máscara e gardando a distancia de seguridade.
Lugo, 31 de agosto de 2020
Dirección
Extracto borrador Plan de Adaptación do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes ó contexto COVID-19