Skip to Content

3º trimestre

Exposición cadernos de campo

No vestíbulo do centro están expostos estes dìas os cadernos de campo de alumnos/as de 1ESO, nos que describen distintas especies da súa contorna.

Parabéns polo bo traballo feito.

Acto de graduación 2º BAC

O venres día 11 de xuño ás 17:00 o alumnado de 2º de bacharelato celebrou o acto de graduación no Auditorio Gustavo Freire.

 

Pola situación de pandemia e protocolo COVID este acto quedou restrinxido ao alumnado e profesorado. Lamentamos moito que non poideran asistir familia e amigos.

 

Houbo actuacións que levantaron a ovación dos presentes.

   

E discursos emotivos. De lembranzas e agradecementos.

  

Parabéns! Xa vos botamos de menos.

 

 

 

Iniciación á Petanca

Durante toda a pasada semana tivemos a oportunidade de coñecer o deporte da Petanca grazas a colaboración do profesor ARCO do centro (David Fernández Pérez) e os profesores implicados do departamento de Educación Física (Bruno, Eduardo, J. Antonio Gayoso e Roberto). Nesta actividade participaron máis de 250 alumnos entre todos os grupos de 1º de ESO (A, B, C, D e E), 4º de ESO (A, B, C, D, E e F) e os dous cursos do Ciclo. 

  


Asemesmo, na iniciación ao deporte tivemos unhas breves nocións teóricas, un circuito de arrime e de saque como tamén un partido oficial e reglamentario a 13 puntos. Nesta última actividade gañaron con máis diferenza de puntos as alumnas: 

- Na modalidade de 1º de ESO: Emma, Sara e Irene (1ºC)
- Na modalidade de 4º de ESO: Paula, Sofía e Niobe (4ºA)

¡Noraboa a todas elas! e recordade que o vindeiro venres no recreo recibiredes un agasallo na Biblioteca por parte do coordinador da actividade. Tamén o Centro quería agradecer a presenza de Juan e de Ben, dous xogadores federados de Petanca afincados en Negreira de procedencia francesa que falaron cos rapaces nunha charla íntegramente en francés o pasado 24 de maio. Do mesmo xeito, David quere agradecer a participación e o interese de todo o persoal implicado (equipo directivo, profesorado, alumnado e persoal non docente) pola boa acollida da actividade e que se repita en anos vindeiros ¡Oxalá que así sexa!. 

Por último, podedes ver unha reportaxe que nos fixo a Fundación TIC da actividade: www.youtube.com/watch?v=GYD4klAKzfs

 

 

Visita á Escola Politécnica no Campus de Lugo

O alumnado de TIC de 4º de ESO asistiu a unha demostración, por parte de profesores e alumnado do Grao de Robótica, do funcionamento dos robots cos que contan para os estudos do grao. Visitaron, ademais, o laboratorio de física, onde contan cun equipamento de brazos robóticos.

 

Acto de entrega das matrículas de honra

O IES Nosa Señora dos Ollos Grandes celebrou un acto de recoñecemento no que se premiou con Matrícula de Honra os mellores expedientes de Bacharelato de toda a promoción, poñendo en valor o esforzo académico do alumnado premiado que se mostra na foto.

 

Parabéns!!!

Visita á exposición Do Camiño ao papel

Alumnos de 4º da ESO visitaron a exposición Do Camiño ao papel.

  

A continuación fixeron un recorrido polo Camiño de Santiago na cidade.

 
 

Paseo literario. Por Lugo en Galego.

Alumnado de 3º de ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes fixo unha andaina polos rincóns literarios de Lugo visitando a Castelao, Xela Arias, a casa na que viviiu Rosalía de Castro, Anxel Fole e Luís Pimentel.

Acompañaron aos alumnos as profesoras de galego Mª Jesús Mourín e Cristina Soto

Foi unha actividade organizada polo departamento de galego.

    

    

Saída ao Parque Rosalía de Castro

Alumnado de 1º de Bacharelato saíu de andaina ao Parque Rosalía de Castro.

         

O obxectivo era coñecer a capacidade aerobia de cada un empregando só un teléfono móbil e facendo un percorrido de 1600m.

   

Esta actividade estivo organizada dentro da materia Anatomía aplicada.

    

Ciclo de conferencias Pantallas amigas

O alumnado da ESO participou no ciclo de conferencias Pantallas amigas

Trátase de sensibilizar ao alumnado para un uso seguro e saudable de internet.

Conmemoración do Día das Letras Galegas 2021

O IES Nosa Señora dos Ollos Grandes sumouse a conmemoración do Día das Letras Galegas dedicado esta ano a Xela Arias.

Alumnos de ESO fixeron lectura e musicaron varios poemas de Xela.

  

 

Distribuir contido


by Dr. Radut