Skip to Content

3º trimestre

Excursión ás Illas Cíes

Alumnado de 1º de Bacharelato do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes visitou as Illas Cíes.

Alí fixeron un roteiro ata o faro e disfrutaron dun día de lecer.

 

 

Saída a Santiago

Alumnado de 2º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes saiu de excursión á cidade de Santiago de Compostela.

Alí visitan a Facultade de Matemáticas, o Museo do Pobo Galego e percorren a cidade.

Mobilidade Erasmus + Austria

Alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes está a participar no Erasmus +  nunha mobilidade de curta duración en Austria.

Na imaxe podemos ver ao noso alumnado diante do Schönbrunn Palace en Viena.

Todos vivimos na Unión Europea. Trátase de crear vínculos e difuminar fronteiras.

 

Festival de música e baile tradicional

O venres celebrouse nas pistas dos IES Nosa Señora dos Ollos Grandes o Festival de música e baile tradicional.

Actuou o grupo de música e o grupo de baile tradicional do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes.

Os ensaios ao longo do curso nos recreos acabaron cunha actuación xenial.
Parabéns!
 

Graduación 2º Bacharelato

O alumnado de 2º de Bacharelato do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes celebrou o acto de graduación o venres 20 de maio.

O acto contou con discursos, actuacións...

 

Desexámoslles o mellor na nova etapa que agora inician. Moita sorte!!

Taller de educación vial

O alumnado de 4º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes participou nun Taller de educación vial.

 O taller consistiu nunha charla co obxectivo de informar e sensibilizar acerca dos riscos do consumo de drogas, alcohol ou uso de móbiles ao volante. Ademais fixeron exercicios prácticos sobre como actuar en caso de accidente.

Concurso de títulos

A Biblioteca do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes convoca o concurso "Ponlle Título a túa obra" 

Trátase de aportar o título do que podería ser unha obra creativa personal (unha composición musical, un poema, unha novela, unha autobiografía, un cómic, etc). Este título debe ser suxerente, sintético, evocador e a característica que cada un queira transmitir.

Prazo ata o 1 de xuño para paticipar. Presentación  en biblioteca.

Entrega de premios competicións deportivas.

Os alumnos do IES Nosa Señora dos Olllos Grandes que gañaron as distintas competicións deportivas levadas a cabo nos recreos, recibiron hoxe os trofeos e recoñecemento. Parabéns!!

 

Viaxe a Porto

O Campus de Lugo da USC e a Universidade de Porto promoveron un intercambio de estudantes de secundaria de Galicia e Portugal no mes de setembro.

 

A iniciativa é unha acción resultante do proxecto europeo Phereclos, no que participaron XuvenCiencia e a facultade de ADE luguesa. O alumnado mantivo conversas con responsables de empresas tecnolóxicas lusas

 Un grupo de 17 alumnos de BAC dos institutos Ollos Grandes viaxaron á cidade de Porto os días 2 e 3 de setembro, onde participaron en obradoiros formativos incluídos no proxecto europeo Phereclos baixo a supervisión de XuvenCiencia e a facultade de ADE do Campus de Lugo da USC e da Universidade de Porto. 

 

O Club de Lectura visita o Museo Provincial

Os alumnos do club de lectura de 1º de ESO realizaron unha visita ao museo provincial para coñecer as pezas da cultura castrexa e despois facer unha visita guiada por algunhas outras salas do museo. Esta actividade está relacionada coa lectura do libro O torques de Burela de Antía Yáñez.

   

Por outra banda o alumnado do club de lectura de 2º ESO visita o museo e outros emprazamantos do Lugo romano relacionados co libro  O veleno da risa de Antón Jaureguízar. A parte fundamental da visita consistía en coñecer a historia do carneiro alado e a continuación unha breve visita por outras salas do museo.

    

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut