Alumnado de ESO con Mauricio Repetto (Concelleiro de Xuventude e Deportes) e Iago Atadel (exalumno do centro) de charla sobre as preocupacións da xuventude.
Alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes participou na actividade Enredando co Galego.
Enredando co Galego: actividade organizada pola Asociación de escritores en lingua galega e financiada polo Concello de Lugo. Os estudantes falaron 21 días en galego e produciron vídeos artísticos e textos literarios. Hoxe foi a festa final con entrega de premios e música de Sés. Charlize Ambicho e Sofía Paz foron recoñecidas por unha poesía cada unha. Houbo sorteo de agasallos e unha batería portátil de móbil para todos os asistentes
Alumnado de 1º de Bacharelato do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes e do Colexio Maristas de Lugo participaron nun debate sobre a Unión Europea e a obligación de dar respostas ante situacións que vulneren os Dereitos Humáns.
Tratouse dun debate preparatorio para participar na competición Parlamento Xove organizada pola Xunta de Galicia
Alumnado de 4º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes visitou o Pazo de Arxeriz e disfrutou dunha ruta en catamarán polo Rio Miño dende o pobo de Belesar.
Trátase dunha actividade guiada que combina natureza e historia Esta ruta en catamarán recorre o río Miño desde o pobo de Belesar, navegando sobre aldeas sumerxidas trala construción do encoro dos Peares e bordeando o impresionante meandro que forma o “Cabo do Mundo”, un dos lugares máis emblemáticos da Ribeira Sacra.
Nesta semana recibimos a visita de Gabriel Arias, Titulado Superior en Animación Sociocultural e estudande do Grao en Educación Social. O alumnado de segundo de ESO puido aprender e desfrutar xogando.