Skip to Content

3º trimestre

Acto de entrega de matrículas de honra bacharelato

Hoxe, 23 de maio, no Salón de Actos do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes celebrouse o acto de entrega de diplomas acreditativos da matrícula de honra aos mellores expedientes no Bacharelato 2023

Noraboa a David, Gabriel, Óscar, Paula, Sofía e Sabela.

 

Concurso de relatos curtos de CocaCola

Sofía Piñeiro Díaz, alumna de 2° ESO B do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes, gañadora provincial e autonómica do Concurso de relatos curtos de CocaCola. 

Parabéns!!

Participantes no concurso de 2º ESO

A Fundación Coca-Cola convocou o "Concurso Coca-Cola Jóvenes Talentos de Relato Corto" co obxectivo de fomentar a escritura creativa entre os alumnos de 2º de ESO.

Visita ao Museo

Alumnado de 1º ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes sairon de visita aos Museos da cidade.

No Museo visitaron a exposición dos Reloxos de Sol coa idea de que o alumnado cree o seu propio reloxo de sol.

Foron a Casa dos Mosaicos para así coñecer a historia da cidade.

Tamén visitaron a Exposición de Porta Miñá

Foliada das Letras Galegas

Hoxe celebramos a Foliada das Letras Galegas co Grupo de baile e música tradicional do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes.

Esta actividade estivo organizada polo EDLG do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes.

Paisaxes de Lugo

O alumnado de 3º de ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes realizaou un paseo guiado por Manuel, compañeiro e responsable desta investigación, polo Lugo Modernista de Eloi Maquieira.

A actividade enmárcase dentro do Programa Proa, Paisaxe e sostibilidade. 

Rematamos coa solicitude ó Concello de poñer Placas recordatorios nos edificios máis emblemáticos e crear a Ruta do Modernismo

Saída didáctica a Chaves, Portugal

Alumnado de portugués do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes viaxou a Chaves, Portugal.

Ali visitaron a Casa do concello da vila flaviense.

Torre de homenaxe do Castelo de Chaves, fortaleza que defendia a fronteira coa Galiza.

 Merecido descanso á beira do Támega.

Recibindo unha explicación no Museo das Termas Romanas. Impresionantes. As maiores da Península Ibérica.

Foron descubertas durante a construción dun estacionamento subterráneo.

Piscinas das termas romanas, a auga sae a 76ºC.

Ponte romana de Trajano, erguida entre fins do século I e o inicio do II.

 

Traballo de Plástica

Cores primarias: vermello, azul, amarelo e secundarias: verde, púrpura e laranxa. En sucesión de planos de distintos tamaños que crean sensación de movemento e ilusión de perspectiva en homenaxe a E. Muybrigde e J. Albers.

Así é o mural coordinado por Ángel  Daniel  Díaz Trigo de Departamento de Plástica, Visual e Audiovisual do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes e pintado por:

Sarabi Jiménez Jiménez, Ariadna Pérez Nuñez, Carmen Diéguez Gandoy, Brais Serén Taboada, Adriana Seren Taboada, Miguel Figueiro Portabales, Brais Vidal Vázquez, Adrián García Vázquez, Sofia Piñeiro Díaz, Iris Martínez Permuy, Daniel Manteiga Carricoba, Mateo Rodríguez Pardo, Aitana Souto Barreira, Pablo Domínguez Cores, Carla Pacín Sandar, Xiana Ulloa Vázquez, Elena Páez Burgo, Pedro Núñez Vázquez, Xurxo Dos Santos Souto, Jorge Seijo González, Víctor Reija Pérez, Sofia Vázquez Louzao, Nadia Neira Fernández, Laura Martínez  García, Antía Fernández Quiroga, Mencía Ferreiro García, Telmo Carballés Lama, Marta Camoira Varela, Tyler, Candela Fernández Rey, Carmen Rodríguez Pardo, Juan Carreira Paradela, Sabela Seijo Lage, lrene Iglesias Mata, Clara Dans Vilaboa, Carolina Mato López, Noa Castro Loureiro, Uxía López Díaz

Institución amiga

A Concellería de Muller e Igualdade  do Concello de Lugo foi nomeada "institución amiga dos IES Nosa Señora dos Ollos Grandes"  pola súa colaboración co centro en distintas iniciativas educativas.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada da concelleira de Muller e Igualdade, Silvia Alonso, recibiu o recoñecemento de mans do director instituto, Francisco Javier Núñez, e da coordinadora do Equipo de Dinamización Lingüística Ana Lópe Cela.

A coordinadora do EDLG, Ana López, presentou  a revista do centro, Tempus das Letras.

Pechouse o acto cunha breve actuación do grupo de cantareiras  do centro.

 

Consumópolis

Alumnado do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes recibiu o recoñecemento pola sua participación no programa Consumópolis. Quedaron gañadores da fase autonómica. Primeiros de Galicia na categoría de 1º e 2º ESO.

Uxía López, Lucía Martínez, Sabela Prado, Danna Camila Losada e Andrés Freire

Consumópolis promove a educación das persoas consumidoras nos centros educativos co obxectivo de potenciar hábitos críticos e responsables con respecto aos actos de consumo.

LGTBI

Alumnado de 2º ESO expuxo aos seus compañeiros un traballo sobre o colectivo LGTBI no que se deu a coñecer a  súa problemática.

Distribuir contido


by Dr. Radut